BECA ANEDIA – MASTER EN DIABETES PARA ENFERMERÍA.


No 2020 as campañas internacionais  de diabetes puxeron o foco no importante papel da enfermería na atención as persoas con diabetes.

En Galicia seguimos sen ter un número suficiente de educadores terapeúticos en diabetes nos hospitais.

Dende ANEDIA pensamos que temos que traballar moito para que o papel dos educadores sexa recoñecido e valorado, e estas prazas podan ocuparse por profesionais debidamente formados nesta especialidade.

Neste momento facer o master de educación en diabetes é unha aposta persoal dos profesionais que teñen que facer fronte ao alto custe deste cursos.

Por iso queremos facer unha pequena contribución dentro das nosas posibilidades, por iso convocamos unha beca nas seguintes condicións:

 

Participantes:

Persoas que sexan socias ou socias colaboradoras de ANEDIA, que teñan os estudos de Enfermería.

Importe:

Unha única beca económica cun importe de 204,50€

Solicitudes:

Mediante correo electrónico dirixido a asociación: anediagalicia@gmail.com ata o 31 de Decembro de 2020.

Documentación a presentar :

 Matrícula nalgún master de Educación en Diabetes durante o 2020.

Acreditación de ser Titulado en Enfermería.

Tribunal:

Xunta directiva de ANEDIA.

 Baremo:

Teránse en conta os seguintes méritos:

 Voluntariado en ANEDIA.

 Tempo traballado como persoal de Enfermería.

Obrigas:

Os adxudicatarios das becas comprométense a participar no acto público de entrega de premios e a participar de xeito activo nas campañas de difusión de ANEDIA e ser Voluntarios da asociación no 2021.