Voluntariado

 

Plan de voluntariado

A esencia de ANEDIA é o traballo voluntario de familias que conviven dalgún coa diabetes tipo 1.
ANEDIA non ten sentido sen todas as persoas que colaboran dalgún xeito. Se de algo nos sentimos orgullosos e dese sentimento de ser unha gran familia, persoas cas que podemos compartir receitas e trucos, pedir axuda porque nos falla a tecnoloxía ou temos un problema as tres da mañán. Pero tamén son o noso apoio para escoitarnos ou para chorar con nós de emoción, de alegria, de orgullo, de tantas e tantas cousas.
Pero tamén xente ca que poder rir e sobre todo, compartir momentos marabillosos, resolver dúbidas, un café para falar do que nos preocupa, un reforzo positivo porque o estamos facendo moi ben, que podemos con todo, ou unha xuntanza para compartir un día estupendo toda a familia, ou irnos xuntos de vacacións!

 DESCARGAR PLAN DE VOLUNTARIADO

 

Tipos de voluntariado

As áreas nas que podemos colaborar desde o perfil de voluntarios son:

• Como monitores e animadores en actividades educativas, culturais, deportivas, de lecer e tempo libre, campamentos, xornadas de convivencia, talleres…

Colaboracións con médicos, enfermeiras/vos, nutricionistas , psicólogos e educadores diabetolóxicos para a realización de talleres, cursos, xornadas…

Asesoramento e apoio a pacientes, familias e centros educativos.

Buscando financiamento realizando colaboracións, buscando patrocinadores, subvencións.

• Colaborando na redacción e/ou posta en marcha de proxectos.

• Participando en mesas informativas.

• Colaborando en eventos deportivos.

• Colaborando no mantemento das redes sociais.

• Difusión e comunicación dixital elaborando o blogue e a páxina web.

• Creando material audiovisual co obxectivo de difundir a asociación.

 

Queres ser voluntario/a?

As persoas que desexen ser voluntarias poderán inscribirse mediante o contacto ca Xunta Directiva de ANEDIA, ou a través do formulario que atoparás máis abaixo.

• Poderán escoller a fórmula de voluntariado que desexen.

• Recibirá unha formación previa ás actividades.

• Unha vez rematadas as tarefas recibirá se o desexa un certificado de colaboración como voluntario con ANEDIA.

• Terán que aportar un certificado de non ter delitos sexuais se van a estar en contacto con menores.

• De mesmo xeito poderase establecer convenio con entidades como centros educativos, asociacións e entidades deportivas para a colaboración como voluntarios.

• As colaboracións serán sen remuneración económica, pero ANEDIA poderá facerse cargo das dietas e transporte de ser precisas para o desenrolo das actividades de voluntariado.

 

Pincha aquí para rechear o formulario para facerte voluntario de ANEDIA

 

 

Pincha aquí para ver a *política de privacidade.

 

**Política de captación e uso de imaxes dos colaboradores voluntarios:

Captación e uso das imaxes sexan en fotografías ou video, tomadas en eventos ou actividades organizadas ou nas que participe a asociación, poden aparecer en memorias, revistas, páxina Web, redes sociais ou calquer outro tipo de publicación ou material orientado a información e difusión dos fins desta Asociación, sempre e cando a persoa colaboradora ou voluntaria marque a casilla no formulario para otorgar tal permiso. **

 

Abrir chat
Ola
En que podemos axudarche?