A COLABORACIÓN COMO BASE PARA A INCLUSIÓN EDUCATIVA


Grazas ao convenio de colaboración entre ANEDIA e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ANEDIA participou en no curso “A COLABORACIÓN COMO BASE PARA A EDUCACIÓN INCLUSIVA” que tivo lugar nos centros de formación de profesorado (CEFORES e CAFI) de toda Galicia.

Un curso no que participamos con moitas outras entidade e no que durante unha sesión de dúas horas os participantes poideron coñecer algo más da diabetes tipo 1 ca que conviven case mil menores en toda Galicia.

Esta iniciativa permite o achegamente a profesionais da educación interesado en levar a cabo nos seus centros un traballo de inclusión real do alumnado con algún tipo de problemática.

Contamos como relatoras con dúas grandes profesionales do ensino, que teñen como valor engadido ser nais de alumnado con diabetes, co cal coñecen as dúas visións do problema.

Agradecer a gran acollida que tiveron estes cursos e tamén a implicación do persoal da Conselleria para que poidesen levarse a cabo.