Quen somos

Somos familias de toda Galicia que convivimos coa diabetes tipo 1 e sabemos todo o que iso significa.

Detrás de ANEDIA hai nais, pais, adolescentes, mocidade, adultos e persoas achegadas que decidimos camiñar xuntos, aprender xuntos e facer máis visible o noso día a día.

Dende 2013

4 provincias
unha familia

Detrás de ANEDIA

Detrás de cada socio/a hai unha historia

Familias

Nais e pais que vivimos un debut diabético

Somos nais e pais que vivimos un debut diabético e de repente voltamos a casa despois do ingreso hospitalario coas dúbidas de todo tipo asaltándonos: que temos que darlle de comer, contar carbohidratos, resolver hipoglicemias e hiperglicemias, calcular ratios, tempos de actuacións das insulinas, sensores de glicosa, capilares, bombas… Un novo idioma que se instala nas nosas vidas.

Xente nova

Comezamos a levar o control da nosa diabetes

Somos xente nova que comezamos a levar o control da nosa diabetes, e que temos os nosos propios temores aos que temos que sumarlle os dos nosos pais e nais.

Pero temos que asumir o noso autocontrol e vivir as nosas vidas: saír cos amigos, facer deporte, ir de excursión, durmir na casa dos nosos amigos, estudar fóra, viaxar…

Adultos

Acabamos de debutar ou levamos anos co DT1

Somos adultos que acabamos de debutar e nos asaltan moitos temores e dúbidas que non sabemos como resolver, e non nos chega coa axuda profesional.

Ou somos adultos que debutamos hai moitos anos e sabemos de primeira man todo o que cambiou o mundo da diabetes, e queremos saber máis e axudar, se é posible, ás persoas recén chegadas.

Achegados/as

Tíos, avós, madriñas, amigos, profesionais…

Somos persoas que temos a alguén achegado ou querido con diabetes.

Queremos entender un pouco máis o que significa a diabetes tipo 1 e como podemos axudar no día a día. Tíos e tías, avós, madriñas, amigos, veciños, profesionais da saúde e da educación…

Documentos públicos

Plan de Igualdade 2023-2024

+12 anos

Historia de ANEDIA

Dende un pequeno grupo de familias en Pontevedra ata unha rede activa nas catro provincias galegas.

2012

A semente

Un pequeno grupo de nais e pais da área de Pontevedra toman a determinación de fundar unha asociación que loitase polas necesidades dos seus fillos e fillas con diabetes, sentíndose desprotexidos en ámbitos como o educativo e o sanitario.

2013

Nace ANEDIA

A comezos de 2013 nace ANEDIA (Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia) e comeza a pelexar ante os diversos organismos públicos polos dereitos das familias.

2018

Crecemos ata os 29

Decídese ampliar a idade ata os 29 anos e cambiar a denominación adaptándoa aos socios e socias novas: pasa a ser a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia.

Hoxe

Presentes en toda Galicia

A nosa sede social está na Casa Azul (Pontevedra), pero estamos presentes nas catro provincias galegas, acompañando a familias, xente nova e profesionais en toda a comunidade.

Asóciate

Quen pode ser socio? Todos!

Nais e pais

De nenos e nenas con diabetes tipo 1 de Galicia.

Xente nova

Entre 14 e 29 anos con diabetes tipo 1 de Galicia.

Adultos e achegados

Persoas adultas con DT1, familiares, amigos e todos os que queiran axudarnos.

10 piares

Cales son os nosos obxectivos?

Traballamos cada día para que a vida coa diabetes tipo 1 sexa mellor para as familias, a xente nova e as persoas adultas en toda Galicia.

a

Reivindicar a asistencia sanitaria, especializada e multidisciplinar para todas as persoas afectadas pola diabetes tipo 1.

b

Instar as Administracións Públicas (Sanitaria, Educativa…) a proporcionar tódolos medios precisos para o autocoidado da diabetes.

c

Proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física, laboral, legal, terapéutica e de asistencia a todas as persoas afectadas pola DT1.

d

Defender os dereitos das persoas con diabetes para conseguir a súa plena integración escolar, laboral e social.

e

Estimular, fomentar e propoñer o estudo, a investigación experimental e clínica, e o desenvolvemento sobre as causas e tratamento da DT1.

f

Proporcionar información e unha axeitada Educación Diabetolóxica, teórica e práctica, a socios, familiares, escolas e poboación en xeral.

g

Potenciar as relacións entre persoas afectadas e familias para facilitar a axuda mutua en todo momento.

h

Establecer relacións con outras asociacións de persoas con diabetes e con colectivos relacionados, directa ou indirectamente, coa diabetes.

i

Promover, intervir e integrar proxectos sociais, sanitarios, educativos e relativos a discapacidades invisibles.

j

Realizar todas as accións precisas para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola DT1 e das súas familias.

En marcha en toda Galicia

Que actividades realizamos

Educación, deporte, cultura, divulgación e encontros: programación variada e durable ao longo do ano.

Día Mundial da Diabetes

Celebración do 14 de novembro con accións visibles en toda Galicia.

Charlas sobre nutrición

Educación sobre alimentación e DT1 para familias, escolas e profesionais.

Tecnoloxía e dispositivos

Información sobre sensores, bombas e novidades que facilitan o día a día.

Deporte e Milla Solidaria

Promoción do deporte; destaca a Milla Solidaria ANEDIA en Pontevedra (novembro).

Intercambios con outras asociacións

Encontros con asociacións similares para compartir experiencias inesquecibles.

Formacións en centros educativos

Formación para profesorado e persoal de Educación para acompañar na aula.

Deporte e Milla Solidaria

Promoción de hábitos de vida saudables entre os máis pequenos e as familias.

Actividades culturais

Cultura ao redor da diabetes: contos, obradoiros e proxectos como Bolechas.

Eventos e divulgación

Participación en eventos sanitarios, sociais e deportivos para visibilizar a DT1.

Xornadas de familias

Encontros anuais (Medrando con Diabetes) para apoiarnos e formar comunidade.

Coñécenos en persoa

Hai sitio para
cada un de vós

Achégate á Casa Azul, escríbenos ou asóciate online. Cada nova socia, cada novo socio fai máis forte á rede.

Scroll ao inicio