ANEDIA,

“Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia”

ANEDIA,

“Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia”

CAPITULO I. DA ASOCIACION EN XERAL

Artigo 1

Coa denominación ANEDIA “ASOCIACION DE NENAS, NENOS E XENTE NOVA CON DIABETES DE GALICIA”, constitúese unha asociación sen ánimo de lucro e de carácter aconfesional e non partidista, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, adaptando seus estatutos ó establecido na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora de Dereito de Asociación (B.O.E. de 26/03/2002). A Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia exercerá a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

I. A Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia ten os seguintes fins:

a)Asesorar e proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física, laboral, legal, terapéutica e asistencia a tódalas persoas afectadas por Diabetes Tipo I, así como os seus familiares e entorno social, co fin de lograr a integración total desde colectivo, facendo fronte a enfermidade de forma activa e positiva.

b) Facilitar o benestar social a tódalas persoas con Diabetes Tipo I, colaborando e contribuíndo coas entidades públicas no establecemento de cantas disposicións legais sexan necesarias para fomentar e garantir a máxima protección posible deste colectivo, e se evite calquera prexuízo social lográndose a total integración social.

c) Estimular, fomentar e propor o estudo, investigación experimental e clínica e desenvolvemento sobre as causas e tratamento da diabetes en menores, así como os métodos curativos a través dos diferentes profesionais da saúde. Colaborar na realización de estudos de carácter educativo, social, xurídico, psicolóxico, epidemiolóxico, ou outros, que faciliten a solución dos problemas do menor de 30 anos con Diabetes Tipo I.

d) Prestación de servizos de prevención e promoción da autonomía persoal axeitada á topoloxía dos usuarios da entidade.

e) Reivindicar a asistencia médica, especializada e multidisciplinar para tódalas persoas con Diabetes Tipo I.

f) Instar á Administración Sanitaria e á Administración Educativa para que proporcione tódolos medios necesarios para o autocoidado da diabetes.

g) Proporcionar información e unha axeitada Educación Diabetolóxica, teórica e práctica, a socios, familiares, escolas e poboación en xeral. Fomentar unha Educación Diabetolóxica de calidade para todos.

h) Defender os dereitos dos menores de 30 anos con Diabetes Tipo I có fin de conseguir a súa plena integración escolar, social e laboral.

i) Resolver as necesidades dos menores de 30 anos con diabetes tipo 1 nos ámbitos sanitario, escolar, familiar, universitario, laboral, … , derivados da súa condición de persoa menor ou nova de con Diabetes Tipo I.

j) Promover, crear e organizar accións sociais, sanitarias, educativas, informativas, de concienciación, divulgación, etc… a través de proxectos de sensibilización e normalización para a sociedade e as institucións.

k) Potenciar a relación entre nenos, nenas, mozos, mozas e familiares de menores de 30 con Diabetes Tipo I e prestar apoio ós familiares.

l) Establecer relacións con outras asociacións de persoas con diabetes e con outros colectivos relacionados directa ou indirectamente coa diabetes.

m) Promoción, intervención e integración de proxectos sociais, sanitarios, discapacidades invisibles e educativos.

n) Promover e crear os servizos sociais, de asistencia técnica e xestións especializada que se estimen oportunos segundo as circunstancias da Diabetes Tipo I, supervisadas polos correspondentes profesionais a materia, sobre todo en tema de discapacidade e minusvalía.

o) Realizar tódalas accións precisas para o logro dos fins mencionados e que sirvan para mellorar a calidade de vida de persoas con Diabetes tipo I, independentemente da súa idade.

p) Abrir delegacións en calque lugar de Galicia, para desenvolver axeitadamente calquera programa ou proxecto.

 

II. Para a consecución destes fins a Asociación poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:

a) Actividades educativas dirixidas a persoas menores de 30 anos con Diabetes Tipo I, familiares e poboación en xeral. Actividades educativas dirixidas a maiores de 30 anos
con Diabetes Tipo 1 e familiares.

b) Actividades sociais, encontros e convivencias.

c) Actividades formativas para directivos, monitores e colaboradores. De investigacións básicas, continuadas e especializadas oportunas que cubran as necesidades dos doentes, dos profesionais, dos sanitarios, dos familiares e da poboación en xeral, vinculados á diabetes tipo I, como actos, seminarios, cursos, conferencias, publicacións, etc….

d) Actividades de colaboración con organismos públicos e privados.

e) Actividades de divulgación, sensibilización, información, concienciación e difusión.

f) De promoción do avance de programas de investigación e desenvolvemento.

g) De concienciación social, laboral e educativas dirixidas a familiares e poboación en xeral.

h) De captación de fondos para dotarse dos medios persoais e materiais necesarios para o cumprimento dos seus fins. Os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente o cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados, nin noutras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Artigo 3

O domicilio social da ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, establecese na CASA AZUL, Rúa Sor Lucía nº 4, 36002 . Pontevedra, podendo establecerse outros enderezos sociais nas delegacións existentes.

Artigo 4

a) Réxime Xurídico. 

ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia, réxese pola lexislación vixente, o presente Estatuto así como polos acordos que adopten os seus Órganos de Goberno.

b) Declaración de principios.

  1. ANEDIA, asociación de nenos,nenas e xuventude con diabetes de Galicia exerce as súas funcións con absoluta independencia da Administración Pública e de calquera organización médica ou sanitaria, pública ou privada, se ben poderá prestar ou solicitar a colaboración daquelas entidades que puidesen achegar calquera beneficio á poboación con Diabetes Tipo I.
  2. A consecución dos fins perseguidos por ANEDIA Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia beneficia a tódolos menores afectadas por diabetes tipo 1 no seu ámbito territorial.

Artigo 5

A duración da Asociación será por tempo indefinido. O acordo de disolución adoptarase conforme ós presentes estatutos.

CAPITULO II. DOS SOCIOS

Artigo 6

Na asociación poderán existir os seguintes tipos de socios:

a) Numerarios: Pais, nais, titores ou representantes legais dun menor con Diabetes Tipo I. Teñen voz e voto. Poden ser electores e elixibles e poderán formar parte da Xunta Directiva.

b) Numerarios Novos, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 con idades a partir de 14 e menores de 30.

Os menores de 18 non poderán formar parte da Xunta directiva.

c) Numerarios adultos, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 con idades a partir de 30 anos.

d) Socios colaboradores: tódalas persoas físicas, entidades, organismos, organizacións e institucións públicas ou privadas, e empresas que están interesadas en apoiar os obxectivos da asociación e teñan vontade de permanencia. Terán voz, pero non voto. Non poden ser elixibles nin electores.

e) De mérito: aquelas persoas físicas ou xurídicas que se fagan acredoras do recoñecemento da Asociación . Terán voz, pero non voto. Non poden ser elixibles nin electores.

Artigo 7

1. Forman parte da ANEDIA asociación de nenas, nenos e xuventude con diabetes de Galicia aquelas persoas físicas ou xurídicas tras o acordo do seu órgano competente, que o soliciten voluntariamente, se sometan ó cumprimento dos Estatutos e reúnan os seguintes requisitos:

a) Non ter débedas coa asociación.

b) Persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e acepten os seus estatutos.

c) Que teñan interese en realizar actividades que contribúan o avance da calidade de vida desde colectivo.

d) Que teñan respecto polo desenvolvemento das actividades e pola igualdade de oportunidades con tolerancia.

2. Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, aquelas persoas con Diabetes Tipo 1 (de entre 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir) que participen da asociación. . Os menores de idade sempre con previa autorización familiar ou tutelar entregada á asociación.

3. Poderán ser integrantes da asociación na súa sección de adultos maiores de 30 anos con Diabetes Tipo 1, aquelas persoas que cumpren o requisito de idade e que participen da asociación.

4. Quenes desexen pertencer á Asociación o solicitarán por escrito dirixido a presidenta ou presidente, que dará conta á Xunta Directiva que resolverá sobre a admisión ou non admisión.

5. As persoas xurídicas poderán designar un máximo de cinco persoas físicas que as representen, pero de ser o caso, o seu voto computará como único.

Artigo 8

  1. Forman parte da asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia aquelas persoas físicas ou xurídicas tras o acordo do seu órgano competente, que o soliciten voluntariamente, se sometan ó cumprimento dos Estatutos e reúnan os seguintes requisitos:

a) Non ter débedas coa asociación.

b) Persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e acepten os seus estatutos.

c) Que teñan interese en realizar actividades que contribúan o avance da calidade de vida desde colectivo.

d) Que teñan respecto polo desenvolvemento das actividades realizadas pola asociación.

Artigo 9

Os socios causarán baixa por:

a) Vontade propia.

b) Impago de cotas.

c) Incumprimento de súas obrigas coa Asociación.

d) Cando recae sobre o socio sentencia firme dos Tribunais por delito cunha transcendencia que atente contra a Asociación, o seu patrimonio, os seus Órganos de Goberno ou o cumprimento dos obxectivos da mesma, ou implique pena de inhabilitación para desempeñar cargos públicos.

Artigo 10

Todo socio que sexa dado de baixa na Asociación perderá tódalas facultades ou dereitos que teña como socio.

Artigo 11

Créase unha sección xuvenil destinada a promover os fins da asociación dentro do ámbito da xente nova. Estará formada polos socios menores de 30 anos e maiores de 14.

Créase unha sección de adultos, maiores de 30 anos destinada a promover os fins da asociación dentro do ámbito da súa idade.

Artigo 12 . Dereitos dos socios

Os socios de calquera tipo terán os seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades e actos na forma que, en cada caso, dispoña a Xunta Directiva.

b) Propoñer reformas e achegar aquelas suxestións que estimen oportunas para a maior eficacia dos fins da Asociación.

c) Figurar no ficheiro de socios previsto pola lexislación vixente.

d) Facer uso dos beneficios e servizos que a Xunta Directiva e a Asemblea xeral establezan para o cumprimento dos fins sociais.

e) Participar con voz nas Asembleas e ser informados das súas convocatorias.

f) Solicitar información ós órganos directivos sobre a marcha da Asociación.

g) Ser informado, previa solicitude, dos acordos adoptados pola Xunta directiva e a Asemblea Xeral.

h) Posuír un carné que o acredite como socio.

i) Exercer todas aquelas potestades que lles confiren os Estatutos e a lexislación vixente

A maiores disto.

Os socios numerarios e os socios numerarios novos e os socios numerarios adultos terán dereito a:

k) Participar co seu voto nas Xuntas Xerais

l) Elixir ós membros dos órganos directivos da Asociación.

m) Aprobar, en Xunta Xeral, tódalas contas e balances que presente a Xunta Directiva.

Os socios numerarios e o socios numerarios novos maiores de idade e os socios numerarios adultos:

n) Poderán ser elexidos como membros dos órganos directivos da Asociación.

 

Artigo 13 . Deberes dos socios

Os socios de calquera tipo terán os seguintes deberes:

a) Aceptar e respectar os presentes Estatutos.

b) Satisfacer as cotas que se establezan, en Asemblea Xeral, para cada tipo de socio. A Xunta Directiva poderá eximir temporalmente a un socio ou socia do pago das cotas, previa solicitude a presidenta ou presidente se así o considera despois de valorados os motivos desta solicitude. A exención debe ser revisada cada ano.

c) Asistir ás Xuntas Xerais.

d) Cumprir os acordos que adopten os Órganos de Goberno.

e) Prestar cantos servizos determinen os Estatutos e os acordos dos Órganos de Goberno.

f) Cumprir co resto de obrigacións que resulten das disposicións estatutarias e das leis aplicables.

Os socios numerarios e os socios numerarios novos maiores de idade e os socios numerarios adultos terán o deber de:

g) Desempeñar os cargos directivos para os que fosen elixidos unha vez aceptado o cargo.

 

CAPITULO III. DOS ORGANOS DE REPRESENTACION DA ASOCIACION

Artigo 14

A Xunta Xeral de socios é o Órgano supremo de goberno da asociación ANEDIA Asociación de nenos,nenas e xente nova con diabetes de Galicia.

Estará composta tódolos socios, e onde todos terán voz, pero só terán voto os socios numerarios, e os numerarios novos e os socios numerarios adultos.

Reunirase con carácter ordinario dentro do primeiro semestre de cada ano, e con carácter extraordinario sempre que sexa convocada pola Xunta Directiva, ben por propia iniciativa ou a petición do 10% dos socios.

Artigo 15

A Xunta Xeral, tanto Ordinaria como Extraordinaria, será convocada con polo menos 8 días de antelación pola Xunta Directiva, que enviará a tódolos socios a orde do día.

Scroll ao inicio