
Xa está dispoñible o glucagón nasal BAQSIMI nas farmacias, algo que levamos agardando moito tempo, para poder deixar de ter medo de empregar a caixa laranxa do Glugacón.
Seguiremos a ter medo das grandes hipos, porque coñecemos ben o seu perigo, e tamén o sufrimento de quen as pasa. Pero agora estaremos máis tranquilos e poderemos solucionalas mellor.
Pasamos da caixa laranxa ao tubo amarelo de rescate, o BAQSIMI de Lilly.
Pero non van ser todas boas novas, para os adultos non estará subvencionado de momento e para recollelo en farmacia terán que aboar o importe íntegro 106€, e con receta médica.
Para os menores entre 4 e 17 sí estará subvencionado pero terá que ser visado polo responsable de farmacia correspondente.
É moi doado de empregar, deixamos un vídeo de utilización no que se ve o sinxelo que resulta.
https://www.youtube.com/watch?v=uTWKxAovnuc
Podedes consultar a información do publicado polo Ministerio de sanidade, no seguinte enlace:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/farmacia/pdf/ACUERDOS_DE_LA_CIPM_2062_web.pdf
Indicación terapéutica:
Baqsimi está indicado para o tratamento da hipoglicemia grave en adultos, adolescentes e nenos de 4 anos ou máis con diabetes mellitus.
Condicións de prescrición e dispensación: Con receita médica.
Con respecto a este medicamento, a Comisión acorda:
Establecemento de reservas singulares, restrinxindo a súa dispensación con visado de inspección a:
- Pacientes menores de 18 anos en tratamento con insulina e con alto risco de hipoglucemia grave con perda de consciencia. A efectos da autorización do visado tomaranse en consideración os episodios previos de perda de consciencia por hipoglucemias.
Prescribirase un só envase por paciente, sendo necesaria a valoración médica para prescribir o seguinte envase, co fin de coñecer a situación clínica do paciente en relación ás hipoglucemias graves con perda de consciencia.
- Establecemento dun acordo de seguimento de consumo e revisión de prezo durante 2 anos desde a data de entrada en nomenclátor, se se estima que se vai a producir unha superación dos envases anuais previstos pola empresa