Recursos Educativos

 

OS BOLECHAS COÑECEN O QUE É A DIABETES

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Dende ANEDIA temos presente a necesidade existente en materiais didácticos e de aula para tratar con normalidade a diabetes tipo1. Gracias á axuda da Deputación da Coruña tivemos a oportunidade de eleborar o noso primeiro material propio e en galego. Empregamos como soporte Os Bolechas que son persoaxes moi coñecidos e queridos nas nosas aulas, e o resultado non puido ser mellor. Agardamos que vos sexa de utilidade.  Descarga o libro no seguinte enlace:

 

MANUELA É NOVA NA ESCOLA

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Anedia ten como un dos seus obxectivos a inclusión real nos coles de todo o alumnado con diabetes tipo1, e con este segundo libro buscábamos dar ferramentas aos coles máis que dar información concreta sobre diabetes tipo1.

Este libro en galego e con personaxes ben coñecidos polos máis pequenos das aulas é unha ferramenta cun gran potencial para conseguir os novos obxectivos como asociación.

Para este novo libro contamos ca axuda de varias mestras as que consultamos sobre a súa visión da enfermidade e a súa experiencia con alumnos con diabetes.

Para elas o importante era achegarse á importancia da normalidade da enfermidade no centro educativo. Isto é, presentar unha realidade que vai cambiando ao longo do curso pola implicación, apoio e empatía de profesorado e alumnado. Que é o que nos vai presentando Manuela neste libro.

Pero son situacións tamén aplicable a outros ámbitos da vida das nenas e nenos con diabetes: deportes, actividades extraescolares, lúdicas, familiares,…..

Manuela é nova na escola.

CROCO DOC – AZÚCAR AMARGO

Neste episodio da serie CROCO DOC, podemos ver os síntomas dunha diabetes, e como se diagnostica e o tratamento básico.

Moi ben tratado.

https://www.rtve.es/infantil/serie/croco-doc/video/azucar-amargo/6043584/

 

EL CLUB DE LAS CANGUROS – EL SECRETO DE STACEY

Neste libro a protagonista é Stacey, unha nena que se acaba de mudar de cidade e que ten todavía reparos en que as súas compañeiras sepan que ten diabetes tipo1.

Ideal a partir dos 10 anos.

Tamén existen unha serie de televisión que se pode ver en Netflix sobre esta colección de libros que tamén trata moi ben a diabetes dunha adolescente.

 

LOS CUENTOS DE BORJA

Autor: Iñaki Lorente Armendáriz,  Laboratorios Bayer. Diabetes Service

Colección de 9 contos  de Iñaki Lorente, ao que todos conocemos, polo seu traballo como psicólogo e como educador.

 

Estes contos está dirixidos a nenos e nenas con diabetes, e as  súas dificultades que adoitan aparecer nas súas vidas, e tamén algúnhas propostas para resolvelas.

Pretendese unha identificación co protagonista, a reflexión e o cambio de actitude.

Unha estupenda colección de contos breves con Borja, un neno con diabetes, como fío conductor das distintas narracións.

“Un Paso Decisivo”, aborda o tema de picarse por primeira vez . Un Paso Decisivo

“El Cumpleaños de Andrés”, Borja vai ao cumpreanos do seu mellor amigo. El Cumpleaños de Andrés

“Odio los Garbanzos”. Borja non come e leva un susto.  Odio los Garbanzos

“El Valor de Retirarse a Tiempo y la Gota de Sangre”. Tomarse con “deportividade” as restriccións que impón a diabetes.  El Valor de Retirarse a Tiempo y la Gota de Sangre

“El Extraño Caso del Ladrón de Galletas”, No campamento comenzan a desaparecer as galletas.  El Extraño Caso del Ladrón de Galletas

“No Pienso ir”, o primeiro campamento. No Pienso ir

“Aquilino, El Medidor Mentiroso”, unha nena que non se deixan enganar polo medidor. Aquilino, El Medidor Mentiroso

“La Carrera Ciclista y la Mejor Jugada”. Non toma o suplemento e ten unha hipoglicemia. La Carrera Ciclista y la Mejor Jugada

“El Secreto del Campamento”. Borja decide facerse monitor  de campamento El Secreto del Campamento

 

 

Carol tiene diabetes

Para nenos un pouquiño máis maiores podemos atopar “Carol tiene diabetes”, unha curta de animación, de 7 minutos de duración, creada pola Fundación para a Diabete (na asociación temos exemplares deste recurso se alguén está interesado en telo non dubidedes en solicitárnolo).

 

Lenny explica la diabetes

Outra curta interesante é a de Lenny, un león ao que lle resulta moi fácil falar sobre a diabete. Describe o que é, por que a xente a ten, como se poden sentir os nenos cando son diagnosticados e o que se sinte cando se vive con esta enfermidade.

 

«Aventuras en Insulán».

Autor: Alfonso López Alba

SINOPSE
Trátase dunha banda deseñada realizada polo endocrino asturiano Alfonso López Alba cun claro fin pedagóxico: aprender da diabete e divertirse coñecéndoa. Alfonso é médico endocrino do hospital de Xove/Jove (Xixón/Gijón). Trata de como aprender coa diabate, o protagonista é un neno diabético, hai moitos problemas no libro porque outras personaxes non a coidan. Pódese ler premendo nesta ligazón: AQUÍ
DATOS DO LIBRO

  • Nº de páxinas: 79 páxs. 
  • Editorial: PUBLICACIONES MCV, S.L. 
  • Idioma: CASTELÁN 
  • Encadernación: Capa dura 
  • Depósito Legal: M-47673/2009 
  • Ano edición: 2009 
  • Praza de edición: MADRID

http://www.behance.net/gallery/Aventuras-en-Insulan/6509131

 

 

DIGUAN

O proxecto  Diguan foi creado e desenrrolado conxuntamente pola  Sociedad Española de Diabetes (SED), a Sociedad Española de Endocrinología Pediátrica (SEEP), a Federación Española de Diabetes (FEDE) e Sanofi.

Para responder ás necesidades dos adolescentes con diabetes tipo 1, o proxecto realizouse mediante a colaboración multidisciplinar entre pacientes e profesionais da saúde.

No seguinte enlace (https://www.diguan.es/descargables/) tedes moita información: libros, comics, guías…. botádelle un ollo.

 

 

LILLY E DISNEY

Lilly Diabetes en colaboración con Disney Publising Worldwide, teñen publicados varios libros con persoaxes de Disney, neste caso COCO ten diabetes tipo 1.

Na plataforma  T1 Every Day Magic, tedes moitos recursos, pero aquí deixamos algúns dos títulos dispoñibles:

 

COCO VUELVE A LA ESCUELA

Coco ten que voltar á escola. Diagnosticáronlle  diabetes tipo 1  e non ten moitas ganas de enfrentarse a esta situación. Grazas a os seus amigos, compañeiros de clase e aos seus maestros, Coco convirte os seus temores nunha experiencia positiva.

Este es el argumento del cuento «Coco vuelve a la escuela», un recurso muy útil para tratar el retorno al colegio de los niños y niñas diagnosticados con diabetes tipo 1. El cuento concluye con un práctico listado de los temas principales sobre diabetes tipo 1 tratados en el relato.

https://lumiere-a.akamaihd.net/v1/files/ea650d0a-1f75-11e9-85d1-0a580a7ce513/dist-9781368042765/index.html#/page/1

 

 

LA PRIMERA PIJAMADA DE COCO

Neste conto de  de Susan Amerikaner, Coco, que ten diabetes tipo 1, asiste con Goofy e Mickey a unha festa e pasa toda a noite cos  seus amigos e amigas. Grazas á  axuda da tía Abby, Coco consigue levar un bo control da diabetes durante toda a noite.

https://lumiere-a.akamaihd.net/v1/files/7feea34a-1f76-11e9-90a5-0a580a7d0505/dist-9781368042772/index.html#/page/1