Dende ANEDIA entendemos que ter materiais propios cos que traballar cos máis cativos era unha parte importante do noso traballo cas familias e cos centros educativos, e da man de Pepe Carreiro xa temos dende fai un ano, a guía Os Bolechas coñecen o que é a diabetes.
A protagonista, Aina, conta en primeira persoa como viviu o diagnóstico da diabetes, e explica nunha linguaxe moi clara e comprensible, cada un dos conceptos clínicos e terapeúticos da diabetes mellitus. É o segundo conto que escribiu a endocrinóloga pediátrica Mònica Peitx i Triay.
Autor: Rosario Martínez Santiago, editado pola Consejería de Sanidad de la Comunidad Autónoma de la Región de Murcia y Sodicar (Sociedad de Diabéticos de Cartagena). O conto relata a experiencia dun elefantiño que vive na selva e de repente lle diagnostican diabetes, o que serve para explicar aos nenos e nenas os síntomas e a terapia que o devolve á súa vida normal.
Teo regresa á escola despois da aparición da súa diabetes e algunhas cousas cambiaron para él. Antes de participar na festa de benvida ten que facerse un control de glicosa e poñerse a insulina.¿Cómo llo vai contar aos amigos e compañeiros de clase?
Salir de festa con amigos, facer deporte ou ligar cando se ten diabetes tipo 1 non sempre é doádo. Para vivir esta condición con normalidade na adolescencia é fundamental sentirlo apoio da familia, os amigos e o entorno escolar. Este comic, dirixido a adolescentes con diabetes tipo 1, explica a importancia de falar desta condición con outras personas.
Os membros do grupo de traballo de Educación Terapéutica da Sociedade Española de Diabetes (SED), Isidoro Luís Dujovne Kohan e Javier Sanhonorato Vázquez, elaboraron o manual Vivir con diabetes con información moi práctica para o manexo diario da enfermidade.
Os autores, que contaron coa colaboración como cocoordinadora da edición de Carmen Yoldi, enfermeira-educadora en diabetes no Hospital Sant Joan de Déu Barcelona, publicaron esta guía co obxectivo de minimizar a incerteza e facer máis fácil a integración social das persoas con diabetes. Os contidos divídense en tres temáticas principais:
• Guía de aspectos legais (escola, permiso de conducir, emprego, prestacións sociais, etc.).
• Guía para viaxar con tranquilidade.
• Guía para o mes de Ramadán.
O manual, que pode descargarse gratuitamente , ofrece ademais unha infinidade de datos e infografías sobre a diabetes.

Escrita por Iñaki Lorente e Gemma Peralta, dous dos mellores psicólogos especializados en diabetes que hai en España, axudarache a entender como senten os pais ante a diabetes e como pode axudar a familia…
A túa familia tamén descubrirá como se senten os adolescentes con diabetes a través da experiencia dos talleres de Saúde Emocional de Diguan.
A túa familia tamén descubrirá como se senten os adolescentes con diabetes a través da experiencia dos talleres de Saúde Emocional de Diguan.
Descarga a guía sobre Diabetes tipo1 e deporte escrita por Serafín Murillo, experto en nutrición e fundador do instituto Diabetes Activa. Este documento interactivo axudarache a entender como xestionar o deporte se es neno, adolescente ou novo e tes diabetes tipo1.