Unha revolución na solidariedade.
A túa conexión directa con un mundo de apoio e innovación para persoas con diabetes Tipo 1 e os seus seres queridos. #SomosRedesAzuis
Noticias e eventos
[pt_view id=”cd8daa47qh”]
A nosa galeria de imaxes
[masterslider id=”2″]
**Política de captación e uso de imaxes dos colaboradores voluntarios: Captación e uso das imaxes sexan en fotografías ou video, tomadas en eventos ou actividades organizadas ou nas que participe a asociación, poden aparecer en memorias, revistas, páxina Web, redes sociais ou calquer outro tipo de publicación ou material orientado a información e difusión dos fins desta Asociación, sempre e cando a persoa colaboradora ou voluntaria marque a casilla no formulario para otorgar tal permiso. **
Redes Azuis é un laboratorio de voluntariado social impulsado por ANEDIA, que busca proporcionar unha rede sólida de apoio para todas as persoas con diabetes Tipo 1 e os seus familiares. Baseado na filosofía de “Eu axúdoche a ti, e ti axudas a outros”, o proxecto fomenta a colaboración e a co-creación interdisciplinaria entre as persoas voluntarias. Redes Azuis sitúase á vangarda da innovación social, proporcionando un espazo virtual para o intercambio de coñecementos, experiencias e recursos, contribuíndo significativamente á transformación social e ao desenvolvemento comunitario.
As actividades do programa, xunto coa dedicación e paixón das persoas voluntarias de ANEDIA, garanten que Redes Azuis se sitúe como un faro de apoio e innovación para aqueles afectados pola diabetes Tipo 1 en Galicia.

