Entidades Colaboradoras

Graciñas a todos os nosos colaboradores

Si queres facerte colaborador da Asociación ou das súas iniciativas contacta con nós en: info@anedia.gal

En ANEDIA traballamos en colaboración con institucións públicas e privadas para conseguir unha maior calidade de vida e servizos para as persoas con diabetes e as súas familias.

Por iso ademáis de solicitar subvencións e distintos tipos de axudas  para os nosos proxectos tamén establecemos moitas alianzas con diversas entidades, tecemos redes de conexión que nos  permiten chegar a máis xente e tamén fortalecer alianzas con colectivos afíns.

As axudas que se reciben poden ser dirixidas a proxectos concretos ou ben dirixidas as actividades xerais que realizamos como asociación, ou descontos ou beneficios aos nosos socios e socias.

Dende ANEDIA queremos agradecer a todas as entidades, empresas e persoas que nos axudan a seguir medrando ano tras ano e que xa forman parte dalgún xeito de nós.

Abrir chat
Ola
En que podemos axudarche?