Os máis pequenos da casa sempre requiren unha atención extra, e se teñen diabetes a cousa complicase. Non entenden ben o que lles pasa, non saben expresar ben como se sinten, e as veces non son capaces de transmitirnos como se encontran.
Non é raro ver unha nena pequena chimpando cunha hipoglicemia grave, ou as veces non sabemos que facer se teñen unha hipoglicemia e non querer comer. Ou como explicarlles que inda que teñan fame, teñen que agardar a que a insulina faga efecto, e como istas moitas situacións máis …
E para intentar axudarnos o xoves día 4 de Novembro, a pediatra Patricia Enes vai a ter un encontro con nós mediante zoom, onde teremos ocasión de escoitala e resolver dúbidas.
Así que temos que aproveitar esta oportunidade, se queredes participar, podedes inscribirvos no correo anediagalicia@gmail.com