VIII Milla Solidaria ANEDIA


O día 13 de Novembro terá lugar a VIII Milla Solidaria ANEDIA, que terá lugar nas pistas do CGTD- Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude) en Pontevedra.

 

A igual que o ano pasado a normativa e a prudencia fai que esta proba se celebre no estadio e só para deportistas federados, encantaríamos voltar á rúa cunha proba popular, pero aínda non vai ser neste 2021.

 

Un evento que non sería posible sen a colaboración técnica de Gonzalo Méndez Fraguas e o Atletismo Rias Baixas e a colaboración total das Concellerias de Deportes e Benestar Social do Concello de Pontevedra.

 

Pero tamén esto é realidade grazas ao soporte dos nosos patrocinadores: VIAQUA, SETGA, CONGALSA, PIC, PROSAGA.

E a colaboración de Torre De-Nuñez, Supermercados Froiz e Publicolor – Central Publicitaria.

 

Neste ano ademáis é unha ocasión histórica, xa que celebramos dous centenarios, o descubrimento da insulina en 1021, o que permiteu que as persoas con diabetes tipo1 deixasen de morrer de xeito irremiediable, e  os 100 anos da Federación Galega Atletismo, así que isto ten que ser unha gran festa deportiva.

Inscripcións en: https://atletismo.gal/competicions/viii-milla-solidaria-anedia/?cp_date=01/11/2021