SOMOS TIPO 1 A CORUÑA E ODS

Limpieza de playas en Orzán

A diabetes está presente en moitas áreas da nosa vida, en ANEDIA nos gusta darlle a volta a esta visión e facer visible a diabetes nos temas que nos interesan nas nosas vidas.

Por iso traballamos en diabetes, pero non perdemos de vista por exemplo os ODS, Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.

O primer fin de semana de Novembro, realizamos unha acción combinada dentro do noso programa Somos tipo 1 que realizamos no Concello da Coruña.

En colaboración coa empresa DEXCOM, a organización do Diabetes Evolution e WE Sustainability realizamos unha actividade de limpeza de residuos nas praias de Bens e de Orzán.

Ao día seguinte, durante o Diabetes Evolution, un evento sobre diabetes ao que acudimos as familias de ANEDIA, sacamos a nosa vea artística para utilizar parte do 23,39 kg de residuos recolleitos para crear un mural colaborativo onde cada peza é clave, como o somos todos, á hora de coidar da contorna natural.

Os asistentes ao evento puxeron toda a súa imaxinación nestas mural “Subidas e baixadas” facendo referencia ás subidas e baixadas de glicosa que experimenta unha persoa con diabetes e ás das mareas.