Co equipo do Diabetes Evolution e Dexcom o venres día 4 de novembro temos unha cita na praia do Orzán para facer unha limpeza na praia.
A limpeza será ás 16:30, con punto de encontro en WE (Avda. Pedro Barrié da maza, 13. 15003 A Coruña ) e finalizará ás 18:00.
Facilitarémosvos todo o material necesario para realizar a actividade (luvas, bolsas reusables e chalecos). Como peche final, gozaremos dun aperitivo e compartiremos impresións sobre a experiencia.
Inscripcións no enlace:
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdfSsij6Jo1cQ…/viewform
Todos os residuos que atopemos terán un uso, pois con eles realizaremos unha actividade artística o sábado día 5 cos rapaces que acudan ao Diabetes Evolution no hotel Attica 21 Hotels, onde se vai celebrar unha xornada ao redor da diabetes ao que non podemos faltar ninguén.
Porque a maiores de coñecer un pouco máis sobre a diabetes, tamén temos a oportunidade de falar e intercambiar experiencias con outras familias coma nós.
O día mundial non é para celebrar, senón para reivindicar, informar e visualizar a nosa realidade, e este fin de semana temos ocasión de facelo no Concello da Coruña.
Esta actividade está tamén dentro do noso compromiso con #ODS – Obxetivos de Desarrollo Sostible da AXENDA 2030 da ONU, porque en ANEDIA queremos traballar por ter un futuro mellor para as familias que viven con diabetes pero tamén un futuro sostible para todos.
Contamos con vós!!