PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE 2019


Está a piques de rematar o curso e os estudantes de 2º de Bacharelato enfréntanse  ás probas de acceso á universidade. Xa están afeitos na maioría dos casos a enfrentarse a longos exámenes e superalos sen problema, pero ninguén está libre de ter un problema neses días. 
O alumnado con algún tipo de necesidades especiais pode solicitar unha adaptación das probas, o que se precise segundo as súas circunstancias. Alumnos con dislexia, TDAH, problemas visuais, físicos, diabetes, ….. e un largo etcétera entran nesta casuística.No caso da diabetes as medidas a solicitar poden ser por exemplo, parar o tempo mentres resolvemos unha hipoglucemia e logo continuar co exame.
Cada estudante e cada familia debe tomar a súa decisión, pero para facelo ten que coñecer as posibilidades dispoñibles. O prazo para solicitar esta adaptación ten como DATA LÍMITE  o 27 de maio.
Se tedes algunha dúbida contactade con nós, preguntade ao voso Dpto. de Orientación ou ben a CIUG.

Resultado de imagen de examen acceso universidade galicia

(Foto La Voz de Galicia)
O alumnado que vai realizar Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade no Sistema Universitario de Galicia poderá solicitar unha ADAPTACIÓN ESPECÍFICA para a realización da dita proba cando o precise. O procedemento é: solicitar a adaptación nos Departamentos de Orientación dos centros educativo achegando todos os informes pertinentes, a persoa responsable do Departamento e a dirección do centro teñen que emitir sendos informes dirixidos á  CIUG solicitando a adaptación das probas nos aspectos que así o consideren. Unha vez recibidos os informes e valorados pola CIUG  seralle remitida a resposta aos centros educativos que posteriormente llo comunicarán ás familias.
As medidas que podería solicitar o alumno/a con diabetes son, preferentemente:   a) Accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do recinto ou espazo físico onde se desenvolva a proba.  (As probas faránse en lugares específicos distintos os habituais).c) Adaptar os tempos para a realización dos exames (tempo adicional).  Se sucede unha hipo ou hiperglucemia terán un tempo adicional para superala.f) De ser necesario e á vista da discapacidade e/ou necesidade educativa, poñer á súa disposición os medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da proba. Estas adaptacións en ningún caso se terán en conta para minorar as cualificacións obtidas.   A CiUG poderá adoptar outras medidas atendendo á documentación achegada.  
Documentos relacionados:

http://ciug.gal/especiais.php