Anedia
Celia xoga ao baloncesto cos seus compañeiros de cole pero dende fai uns dias non se atopa ben, unha visita ao pediatra fai que descubran que agora o seu páncreas non funciona, ten diabetes de tipo1. Comeza para a súa familia unha nova vida, con moito traballo por diante, pero que non lle vai impedir seguir xogando ao baloncesto, ir de excursión cas súas amigas, ou disfrutar dunha festa de pixamas.
Dende ANEDIA entendemos que ter materiais propios cos que traballar cos máis cativos era unha parte importante do noso traballo cas familias e cos centros educativos, e da man de Pepe Carreiro xa temos dende fai un ano, a guía Os Bolechas coñecen o que é a diabetes, pero isto non é un proxecto illado e agardamos poder en breve presentarvos novos proxectos.
E permitirnos que aproveitemos para dar de novo as grazas á Deputación da Coruña pola seu soporte, aos profesionais sanitarios que colaboran con nós, e a todas as persoas que colaboran dalgún xeito con ANEDIA, porque sin eles estos proxectos non poderían convertirse en realidade.
Aquí vos deixamos o libro dos Bolechas para que o disfrutedes nun día tan especial como o de hoxe.Libro que podedes conseguir en papel a través de ANEDIA, pero que vos deixamos aquí en formato pdf