
Por fin podemos presentarvos un novo volume da nosa colección Os Bolechas, Amigas e amigos con diabetes.
Un novo libro que fala de campamentos, de actividades cos amigos e tamén da tecnoloxía que está presente nas súas vidas.
Este libro é posible grazas á subvención da Deputación da Coruña, pero este novo volume ten ademáis un valor engadido, grazas á colaboración de Dexcom temos a publicación en dous idiomas, galego e castelán.
Así que temos dúas presentacións, a primeira presentación será da versión en galego, este martes día 3 de outubro ás 7 da tarde, no auditorio da casa de cultura do Milladoiro (Ames) – A Coruña, á que estades convidados.
A versión en castelán será presentada en Madrid o venres día 6 no ICOMEM, Colexio Médico de Madrid.
Agardamos por todos vós o martes !