Redes Azuis impulsado pola Concellería de Política Social e Xuventude organiza unha formación en voluntariado social


Non perdas a oportunidade de ampliar os teus coñecementos sobre o voluntariado social! 📚💙

A charla será impartida por Patricia Blanco Torres, técnica de ANEDIA, o vindeiro mércores 4 de outubro ás 17:30 horas. A sesión realizarase de forma online a través da plataforma Teams.

As persoas interesadas en participar, podedes inscribirvos enviando un correo a anediagalicia@gmail.com ou chamando ao teléfono 📞 644 31 95 95.

Unídevos a nós neste evento formativo e descubride como podedes marcar a diferenza na nosa comunidade a través do voluntariado!