Sorteo de Estancias en Casa Rural – Resultados!


A todos os nosos seguidores, colaboradores e en especial aos que participaron neste sorteo mercando unha rifa, Complácenos anunciar que xa contamos cos resultados do sorteo de estancias en casas rurais de Galicia, unha iniciativa que puxemos en marcha para subvencionar en parte o noso campamento de verán 2023 ANEDIA.

Resultados:

1º Premio (91315): Goza de 2 noites en aloxamento e almorzo para 2 persoas en “Casa Rural La Garita” en Cangas. Lembra que o premio non é válido en pontes nin tempada alta. As datas están suxeitas a dispoñibilidade e a reserva debe facerse no teléfono 📞 986 30 02 57. Validez de 1 ano dende a data do sorteo.

2º Premio (71046): Goza de 2 noites de aloxamento para 4 persoas en “A Casiña de Bruma” no Hospital de Bruma. As datas están suxeitas a dispoñibilidade e a reserva debe facerse no teléfono 📞 659 379 141. Validez de 1 ano dende a data do sorteo.

Dende ANEDIA queremos agradecer de corazón a “Casa Rural La Garita” e “A Casiña de Bruma” pola súa colaboración e apoio. Grazas a eles, e a todos os que adquiristes rifas, seguimos traballando pola nosa misión.

#osnososveránsanedia #campamentodeverán #dt1 #vidacon diabetes #persoas condiabetes

#camiñosazuis #xuntospoladiabetes #quendixovacacións #redesazuis #coadiabetesnamochila #diabetesgalicia