![](https://anedia.gal/wp-content/uploads/2023/05/falamos-diabetes-coruna-02.jpg)
Falamos de diabetes e voluntariado na Coruña
O sábado día 20 no centro cívico Los Rosales da Coruña, falamos de diabetes e voluntariado.
Primeiro da man de Teresa Martínez que nos falou da evolución da diabetes e dos grandes cambios nesta área, e tivemos a oportunidade de ver como quedarán integrados os datos de sensores e bombas na historia clínica. Grandes retos para pacientes e tamén para os profesionais, porque os datos necesitan unha lectura e análise.
Galicia é a primeira comunidade autónoma en ter esta integración e iso tamén debemos sabelo, porque non é algo doádo.
Despois falamos de voluntariado e de visibilidade, e de como temos que traballar para conseguir obxetivos para o colectivo de diabetes.
Actividade dentro dos programas #somostipo1acoruña e #redesazuis subvencionados polo Concello da Coruña e Voluntariado Galego