A nosa presidenta participou na charla sobre a CUME, un tema importante e mesmo diriamos que vital para as familias.
En ANEDIA tomámonos moi en serio os dereitos das persoas e familias con diabetes, por iso desde hai anos contamos cunha asesoría xurídica para os nosos socios, e dedicamos moito do noso tempo para axudar ás familias que necesitan asesoramento e consello.
A mesma visión tiveron os organizadores do DED e por iso tamén queremos darlles as grazas, por dar visibilidade a este tema, e en especial a Anusketa TF coa que estivemos traballando neste tema.