
Esta fin de semana Javier Pitarque Valero fíxonos de novo vibrar nos #os100dobarbanza, unha ultraandaina de 100kms por todos os concellos do Barbanza.
Javi decía que non tiña un bo día, pero o seu 8º posto e o tempo inferior ás 14 horas, din que ten unha estupenda forma física.
Un recorrido con picos e vales, que nos recorda moito as gráficas que tan ben coñecemos os que vivimos con diabetes.
Dende Anedia Galicia queremos darlle a noraboa á organización desta proba, Os 100 dos International Trekkers porque de verdade que o traballo que hai detrás é impresionante. Podedes visitar a súa páxina para ter máis información https://2022.itrekkers.org/
ANEDIA estivo ao cargo do avituallamento do Mirador de Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, e tivemos a ocasión de saudar a moitos coñecidos habituais desta proba, máquinas de queimar kilómetros pero tamén xente maior que nos sorprenden coa súa forma física edición tras edición. E algún simpático visitante, que estivo toda a noite pendente de nós.
Agradecer tamén as familias que estiveron de voluntarios toda a noite do sábado, mil grazas.