XXV aniversario do Hospital da Barbanza

XXV Aniversario Hospital do Barbanza

O venres día 4 de Novembro asistimos aos actos de celebración do XXV Aniversario do Hospital da Barbanza.

25 anos xa dun hospital pequeno pero cheo de bos profesionais onde non sentimos a gusto.

Unha gala onde atopamos a moitas e moitos profesionais que nos atenden a diario nese hospital, e tamén outros que agora están noutros hospitais e cos que tamén temos contacto.

Tamén estiveron o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez; a xerente do Sergas, Estrella López; o xerente do Hospital da Barbanza Salvador Mariño-Ageitos e os catro alcaldes dos concellos da área deste hospital: Ribeira, A Pobra, Boiro e Porto do Son.

Así como persoas dos anteriores equipos directivos e persoal que está ou estivo neste hospital.

Agardamos que dentro de 25 anos máis teñamos moitas cousas que volver celebrar con eles.