
oxe as familias de Ourense quixeron rendille unha homenaxe a Chus Ferreiro, a que foi enfermeira educadora en diabetes desde o 2012 no CHUO, quixeron transmitirlle todo o agarimo que lle teñen por todos eses anos de vocación e implicación, por ser estrela nos momentos máis escuros, por ser luz na penumbra, por facer de psicóloga, de nutricionista, por velar as 24h polos nosos nenos e nenas, por darnos tranquilidade e agarrarnos da man e tirar de nós sempre cara a adiante.
Sempre nos recibistes cun sorriso na consulta e con ese agarimo que nos reconfortaba cando os números non ían por bo camiño, analizando cada hora, cada momento do día para buscar o mellor para os nosos fillos e fillas, e daba igual a hora, fóra sábado ou domingo, aí estabas.
Non hai suficientes palabras, só un grazas infinito e que sempre estarás no noso corazón. Querémosche Chus!