XORNADA DE FORMACIÓN CO ALUMNADO DE ENFERMERÍA EN OURENSE

Jornada formación alumnado enfermería de ourense sobre diabetes

A área Sanitaria de Ourense organizou a primeira xornada de formación co alumnado de enfermería e con representantes de asociacións deste área para recoller a voz e a experiencia dos pacientes e a necesidade de traballar non só para o/a paciente senon tamén a necesidade de traballar cos/cas pacientes.

Durante dúas horas falouse de empatía, de escoita, de calidez, de atención integral, de atención individualizada, en definitiva, de facer unha asistencia personalizada e centrada na persoa.

Neste sesión estiveron representantes POR ELES TEA, DAÑO CEREBRAL OURENSE ,AODEMPER e tamén de ANEDIA, que deron a coñecer o traballo que se realiza nas asociacións e todo o que aporta aos pacientes e as súas familias e o sistema sanitario.

A nosa compañeira E. relatou as nosas experiencias e tamén o que precisamos da enfermería, a verdade que foi unha xornada que tanto ela como o resto de presentes seguramente recorden para sempre.

Agradecer aos responsables desta iniciativa a oportunidade que se nos brinda, porque a humanización as veces consiste en algo tan simple como que os profesionais empaticen e comprendan a situación do paciente que teñen diante.

E tamén nos da a ocasión de profundizar nos lazos que nos unen con outras asociacións, xa que ter diabetes non é incompatible con ter outros problemas de saúde.

Jornada formación alumnado enfermería de ourense sobre diabetes