Xornada AHOSGAL – A medicina do futuro, inteligente e artificial?


Esta mañán asistimos á xornada , ❓de AHOSGAL -Asociación de Hospitales de Galicia, unha xornada moi interesante sobre Intelixencia Artificial (IA) no ámbito da medicina.
Contou con bos poñentes que foron desgranando proxectos que xa están en marcha e tamén outros nos que se está a traballar, e nos levamos varias cousas claras.
A primeira é que nun 75% das poñencias mencionaron á diabetes, está claro que é unha enfermida crónica cada vez máis extendida en todas as súas variantes, e tamén unha enfermidade con moitos datos que se poden analizar, y que ya analizamos con inteligencia natural agora pacientes e coidadores.
A segunda é que estamos no camiño correcto, porque a análise dos expertos coincide coas nosas expectativas. Tenemos que tener en conta que as IA só funcionan se tes datos para entrenalos, pero deben ser datos do entorno correcto, e cal é ese entorno? pois ahí vamos, porque outro dos puntos mencionados danos pistas, hai que ter coidado porque as IAs poderían aumentar as desigualdades. Moito ollo con isto.
E tamén un sorriso cómplice cando chatGPT analiza unhas táboas a boli de valores de glicosa e determina que o factor clave poden ser as datas festivas (Nadal) e a ausencia do coidador habitual. Clavouno.
Como pacientes e coidadores, as asociaciones debemos participar en todo este proceso de incorporación das IA ao entorno sanitario, porque literalmente nos vai a vida nisto. E por iso é a nosa responsabilidade.
Agradecer a AHOSGAL-Asociación de Hospitales de Galicia a súa invitación a esta xornada.