A XIII Milla Solidaria ANEDIA xa ten abertas as súas inscricións. Un ano máis, deporte, solidariedade e compromiso coa diabetes tipo 1 daranse cita en Pontevedra nunha das actividades máis participativas e emblemáticas do noso programa do Día Mundial da Diabetes.
A Milla Solidaria é moito máis que unha proba deportiva. É un espazo de encontro para persoas con diabetes, familias, profesionais, deportistas e cidadanía en xeral. Unha oportunidade para visibilizar a realidade da diabetes tipo 1 e para demostrar que, cando a sociedade se implica, cada paso conta.
Como en edicións anteriores, o evento contará con dúas modalidades:
- Probas populares, abertas a persoas de todas as idades.
- Probas federadas, destinadas a atletas con licenza federativa.
As inscricións para as probas populares poden realizarse a través de Carreiras Galegas.
As persoas participantes nas probas federadas deberán formalizar a súa inscrición a través dos canles habilitados pola Federación Galega de Atletismo.
Participación gratuíta grazas ao Concello de Pontevedra

A participación nas probas populares é totalmente gratuíta grazas á colaboración do Concello de Pontevedra, que un ano máis apoia esta iniciativa solidaria e de sensibilización.
Con todo, as persoas que queiran contribuír ao labor que ANEDIA desenvolve ao longo do ano poden facelo mediante o Dorsal 0, unha opción destinada a quen desexe colaborar economicamente aínda que non participe na carreira ou queira realizar unha achega adicional.
Cada doazón axuda a seguir desenvolvendo actividades de acompañamento ás familias, programas de formación, accións de sensibilización e proxectos que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1.
Como colaborar
✅ Participando na carreira.
✅ Inscribíndote no Dorsal 0.
✅ Realizando un donativo para apoiar os programas e actividades de ANEDIA.
Porque cada paso suma, cada dorsal visibiliza e cada colaboración axúdanos a seguir avanzando.

Móvete pola Diabetes. Corre, camiña, participa ou colabora. O importante é formar parte deste movemento solidario. 💙🏃♀️🏃♂️
