
Chegamos paso a paso á XII Milla Solidaria – Móvete pola Diabetes, un encontro xa tradicional na cidade de Pontevedra que une deporte, solidariedade e convivencia
Un ano máis, convidamos a todas as persoas —nenos, mozos e adultos— a compartir con nós unha mañá de actividade física, compañeirismo e apoio á diabetes tipo 1. Porque cada paso conta, e cada participación axúdanos a avanzar xuntos no camiño cara a unha sociedade máis informada e solidaria
O evento contará con probas populares para todas as idades e tamén con probas oficiais para deportistas federados, grazas á colaboración técnica de @atletismoriasbaixas, con @gonzalomsc á fronte, e ao apoio indispensable do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e das empresas Viaqua, Supermercados Froiz, Chicolino Eventos e Torre de Núñez
Domingo, 9 de novembro
Pistas do CGTD de Pontevedra (Estadio da Xuventude)
Comezo ás 10:30 h, con reparto de dorsais dende as 9:30 h
Inscricións abertas:
Non faltes! Participa, corre ou camiña, e axúdanos a sumar pasos pola diabetes
Cada carreira é un xesto de apoio, cada dorsal é unha historia compartida

#MillaAnedia #MovetepolaDiabetes #Coadiabetesnamochila #DiabetesReal