Xestión do deporte en diabetes tipo 1.


En ANEDIA apostamos pola formación en diabetes pero non só para persoas socias, senón que temos en conta a outros perfís.

Por iso preparamos esta charla sobre diabetes e deporte con Serafín Murillo,  sobre todo pensando en adestradores, preparadores físicos, enfermeiras, fisioterapeutas,….. e unha chea de perfís máis que queiran aprender sobre diabetes e deporte, e ademais da man do mellor neste tema. Unha proposta que facemos da man do COLEF Galicia e á que agradecemos a súa colaboración.

Será o vindeiro venres día 25 de outubro as 17.30 horas. A entrada é gratuíta, e só por cuestión de organización as persoas que queiran participar necesitamos que cubran este FORMULARIO.

No Edificio municipal CERSIA EMPRESAS –  Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n. Santiago de Compostela.

Esperamos que vos guste esta proposta!