
O vindeiro 16 de maio, Vigo converterase nun punto de encontro único para persoas con diabetes, familias e profesionais sanitarios coa celebración dunha nova edición de Desafíos en Diabetes, organizada por ANEDIA.
A xornada contará cun cartel de gran nivel, reunindo a seis poñentes referentes nas súas áreas. Por unha banda, participarán profesionais da área sanitaria de Vigo, representando tanto a pediatría como a endocrinoloxía de adultos. E ademais, ANEDIA contará coa presenza de catro convidados chegados de fóra de Galicia que destacan a nivel estatal pola súa experiencia e traxectoria en diabetes.
Entre eles estarán a educadora en diabetes Belinda Lozoya, referente en tecnoloxía aplicada á diabetes; o nutricionista Serafín Murillo, unha das voces máis recoñecidas en alimentación e diabetes; a matrona Rocío García-Viso, que abordará os retos da maternidade e a diabetes; e o psicólogo Iñaki Lorente, especializado en saúde emocional e diabetes.
Un dos aspectos máis especiais desta xornada é que gran parte dos poñentes non só traballan no ámbito sanitario, senón que tamén conviven coa diabetes no seu día a día, achegando unha visión moito máis próxima, humana e real.
Desafíos en Diabetes busca crear un espazo de formación, reflexión e encontro arredor dunha realidade que desafía cada día a miles de persoas e familias. A través desta iniciativa, ANEDIA continúa apostando pola educación diabetolóxica, o apoio mutuo e a creación de comunidade en Galicia.
A actividade celebrarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a participación estará aberta tanto a persoas con diabetes como a familiares, persoas coidadoras e público interesado.

🧠 Contidos da xornada
Ao longo da mañá abordaranse distintos aspectos clave:
- Saúde mental
- Alimentación e relación coa comida
- Tecnoloxía aplicada á diabetes
- Autocoidados e toma de decisións
- Muller e diabetes
- Experiencias en primeira persoa
👩⚕️ Profesionais participantes
Nesta edición contaremos coa participación de profesionais de referencia:
- Manuel Avelino Penín, endocrino
- Belinda Lozoya, educadora en diabetes
- Serafín Murillo, nutricionista
- Rocío García-Viso, matrona
- Iñaki Lorente, psicólogo
- Iris Cabaleiro, pediatra
Profesionais moitos deles persoas con diabetes que achegan coñecemento desde diferentes ámbitos, sempre cun enfoque práctico e próximo.
📍 Información práctica
📅 Data: 16 de maio de 2026
🕙 Horario: 10:00 – 13:30
📍 Lugar: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
🎫 Entrada gratuíta
👉 Inscrición a través da web: ENLACE INSCRIPCIÓN
DESAFÍO JUNIOR. Actividades de conciliación. ENLACE INSCRIPCIÓN
Ou envía un whatsapp a os números 644 971 454 / 644 319 595
📞 644 971 454 / 644 319 595
📧 info@anedia.gal