Este ano toca facer base no Grove, durante 6 días imos vivir unha experiencia inesquencible, máis de 40 participante no noso segundo campamento.
Son días para convivir entre iguais, facer novas amizades, aprender cousas novas e sobre todo disfrutar.
Pero tamén toca aprender por parte das familias, aprender a confiar en que pouco a pouco a xente nova vai aprendendo a autoxestionarse, isto é como aprender a montar en bicicleta, danos moito medo, pero sabemos que é necesario que aprendan, e non poden levar unas rodas de apoio toda a vida. Aprender o equilibrio é fundamental.
Coñecerse, aprender máis cousas sobre a diabete e todo o que implica é fundamental. Dotar aos nosos fillos e fillas de información é unha das ferramentas que van precisar nas súas vidas. E sabemos que non é doádo, que o traballo que implica é duro e tedioso, pero vai a súa vida niso.
Así que confiamos na labor dos voluntarios e voluntarias que os acompañan nesta aventura, aos que lles damos un millón de grazas pola súa colaboración. Porque sen eles o campamento non sería posible. Un programa de voluntariado patrocinado pola empresa S.C. NOVO HOSPITAL DE VIGO .
É o noso segundo campamento e inda nos queda moito que aprender tamén a nós, pero poñemos todo o noso traballo, implicación e cariño para que todo saia ben.
Buscamos un campamento asequible a todas as familias, con actividades que lles gusten e que disfruten, por iso tamén queremos darlle as grazas aos patrocinadores que fan isto posible.
NOVALAB-AIRLIQUIDE e BD colaboran co patrocinio de actividades extra.
As empresas colaboradoras na II Carreira Móvete pola Diabetes que realizamos en Xullo na Pobra do Caramiñal, tamén axuda a sufragar os gastos que supón este campamento:
Actemsa , Atlantic Dental Institute , Clinica Dr. Gonzalo Lopez Castro, Eroski , Congalsa, Chicolino restauración , ECOPLAS PACKAGING, Excavaciones NIMA SL, Pic Solution , PROSAGA , SPORT MANIOTAS SPORT MODA Supermercados Ecri TALLERES ANTONIO e o Concello da Pobra
do Caramiñal.
E tamén disponemos de varias becas para os participantes grazas a Ypsomed e o programa de becas Diguan de Sanofi e FEDE.
Dexcom enviounos tamén camisetas de agasallo para os participantes.
Unha parte importante deste segundo campamento é o apoio do equipo da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, con profesionais do Hospital de Pontevedra e tamén do centro de saúde de O Grove, aos que lles agradecemos o interés que nos están demostrado dende o minuto cero.
Moitos implicados nunha tarefa común, un campamento que lles axude a medrar como persoas, e lles axude a tecer esa rede de axuda tan necesaria, e que os maiores sabemos os beneficios que aporta.
Os nosos veráns ANEDIA.