Vivir con diabetes


Vivir con diabetes as veces semella unha viaxe en barco, unha ruta planeada ao milímetro, todo calculado e falla o motor, ou se vas a vela resulta que non hai vento.
Neses momento é cando temos que tirar de todo o aprendido, da nosa experiencia e tirar para adiante, de seguro que atopas unha solución para sair do paso, inda que sexa a remos ou a nado.
Pero se tes unha radio podes pedir axuda. No fondo é a vida con diabetes.
Navegas sorteando curvas como se fose un mar en calma, pero tamén temos que saber enfrentarnos as marexadas de todo tipo.
Contamos con profesionais sanitarios que non texen que axudar a capacitarnos e marcarnos un rumbo a seguir.
E se queres viaxar en boa compaña, aquí estamos.
Fotos no Joaquín Vieta – Balandro na ría de Muros-Noia dentro das actividades culturais feitas con @culturadadeputaciondacoruna no 2025.
Fotografías de @pichero_estudio_fotografico