
Cando falamos de diabetes moitas veces pensamos en nenas e nenos no momento do debut, no diagnóstico, no impacto inicial dunha enfermidade que chega de golpe e cambia rutinas medos e aprendizaxes.
Pero a diabetes non é só ese primeiro momento.
A diabetes vívese cada día e acompaña ás persoas ao longo de toda a vida.
O diagnóstico pode ser en calquera momento, non só de pequenos.
Viven con diabetes nenos e nenas, adolescentes, persoas adultas de todas as idades.
A diabetes tipo 1 non ten cura, de momento, e acompáñanos toda a nosa vida.
Viven con diabetes: fillos e fillas.
Pero tamén nais e pais, avós e avoas, tíos, tías, padriños, madriñas, veciños e amigas.
A diabetes non afecta só a quen a ten, afecta a toda a familia, á escola, no traballo, nas relacións, na vida cotiá…
E por iso falar de vivir con diabetes é falar de acompañamento, comprensión, información e dereitos.
De aprender a vivir ben con algo que non se escolleu pero que forma parte da vida 