
En ANEDIA tamén organizamos actividades para todas as familias. Nesta ocasión é a quenda dos nenos e nenas de 6 a 12 anos, que vivirán unha xornada especial de educación ambiental na Granxa O Kiriko. Irán acompañados por voluntariado da asociación, para que poidan desenvolverse sen a axuda directa dos pais, nun entorno seguro e pensado para compartir experiencias con rapaces e rapazas das súas idades.
Resumo da actividade
- Data: Sábado, 27 de setembro
- Horario: de 10:30 a 17:30
- Lugar: Granxa O Kiriko (o transporte corre por conta das familias)
- Custo: Actividade gratuita; só é necesario aboar o xantar (4,40 € por persoa). Enviarase enlace de pago unha vez confirmadas as prazas.
- Destinatarios: Nenos e nenas de 6 a 12 anos das familias socias de ANEDIA. Se sobran prazas, poderán participar tamén amigos e familiares.

Formulario de inscrición: Accede aquí
- Obxectivos:
- Comprender o concepto de sustentabilidade
- Observar a natureza como modelo de equilibrio
- Recoñecer prácticas agrícolas tradicionais sostibles
- Tomar conciencia da nosa relación co contorno
- Potenciar hábitos saudables e valores de convivencia
- Promover o traballo en equipo