VII Congreso da AGEFEC


Os días 18 e 19 de Novembro celébrase en Pontevedra o VII Congreso da AGEFEC, Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, un congreso baixo o lema “Reactivando a Atención Primaria”.

Como indican dende AGEFEC na súa web, “Despois destes intensos anos de traballo e sacrificio, inmersos na presión laboral e a incerteza persoal que supuxo a situación epidemiolóxica, o obxectivo desta edición é poñer en valor a importancia do papel da enfermaría na saúde da poboación. Ao mesmo tempo, hai que analizar os desafíos aos que nos enfrontamos neste intre de revolución no ámbito sanitario para reflexionar, debater e achegar claves de avance co fin de mellorar os coidados dende a Atención Primaria.
Dende o Comité Organizador quixemos ofrecer un programa que nos levase fóra das nosas consultas cara outros escenarios que son parte da esencia do noso traballo: o domicilio e a comunidade, a cronicidade dente a fraxilidade ata o final da vida, as novas tecnoloxías e a innovación, e, por suposto, todos os aspectos da vida onde o papel da enfermaría faise imprescindible.”

O venres día 18 estaremos dando voz aos pacientes nunha mesa redonda, tedes toda a información na súa web https://congreso.agefec.versalcomunicacion.com/presentacion

12:30 ǀ 13:30 h.

MESA REDONDA I: ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS EN SITUACIÓN DE CRONICIDADE.

Modera: Miguel Carreiro.

Papel da enfermeira en relación coa toma de decisións da persoa sobre o final da súa vida: eutanasia, instrucións previas e planificación compartida.

Ángel López Triguero. Enfermeiro de Atención Primaria. C. S. Caldas de Reis.

Pacientes con diabetes, pacientes empoderados.

María José Rego Alojo. Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes – ANEDIA

Experiencias compartidas co Traballo Social Sanitario.

Beatriz Aranzazu Soto Caba. Xefa do Servizo de Traballo Social. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.