Vigo acolle o congreso de SEFAC


💊🏥 Esta semana tamén estivemos en Vigo no XII Congreso Nacional de Farmacéuticos Comunitarios de SEFAC.

Un espazo onde se falou de presente, pero sobre todo de futuro. De tecnoloxía, de monitorización continua da glicosa, de intelixencia artificial, de obesidade, de atención ás enfermidades crónicas e do papel cada vez máis asistencial da farmacia comunitaria.

Para ANEDIA é importante estar nestes encontros porque moitas das cousas que alí se debaten terminan chegando á vida diaria das persoas con diabetes.

Falamos moitas veces de hospitais, de consultas ou de endocrinoloxía, pero non debemos esquecer que o farmacéutico comunitario é, para moitas persoas, o profesional sanitario que temos máis preto da casa e tamén o máis accesible no día a día. Un profesional que resolve dúbidas, acompaña, orienta e que cada vez desempeña un papel máis relevante no seguimento das enfermidades crónicas.

Por iso seguimos escoitando, aprendendo e estando presentes.

Porque defender ás persoas con diabetes tamén significa entender cara onde vai a sanidade e estar nos espazos onde se constrúe o futuro.

Seguimos 💙