16 de xaneiro de 2020, é un dia que quedou marcado a lume no
noso corpo, pois debutou a miña nena de 11 anos con diabetes
mellitus tipo 1.
Foi un golpe moi duro, pero sabiamos que aí non se acababa o noso mundo, senón que ía virar noutro sentido e nolo comeriamos a
dentadas.
É un camiño cheo de pedras grandes, que cada vez quedan mais
lonxe e fanse pequenas, é unha nova aprendizaxe que toca facelo
xuntos.
Perdín o medo ás agullas, porque a vida da miña filla dependía diso, chorei moitas noites seguidas, pero mirar a súa fortaleza recargábame as miñas pilas.
10 meses despois avanzamos a pasos axigantados, pero teño clara
unha cousa, sempre camiñarei ao teu lado princesa.