V Gala da Cultura da Deputación da Coruña


Esta semana estivemos presentes na V Gala da Cultura da Deputación da Coruña

Un espazo para recoñecer o valor da cultura na sociedade e o traballo de tantas persoas e entidades

Para ANEDIA, a cultura non é algo alleo
Forma parte da vida das persoas… tamén das que viven con diabetes

Por iso contamos cun plan cultural propio, que desenvolvemos grazas á subvención da Área de Cultura da Deputación da Coruña

Unha liña de traballo que nos permite sensibilizar, educar e achegar a realidade da diabetes a través de proxectos como os Bolechas, exposicións ou actividades en centros educativos e sociais

Porque a diabetes tamén se conta
Tamén se entende
E tamén se comparte desde a cultura