
Desde ANEDIA queremos poñer en valor o avance que supón o primeiro ano de implementación do Regulamento Europeo de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (HTA), analizado no encontro celebrado en Madrid e organizado por EUPATI España na sede da Comisión Europea.
A xornada foi inaugurada por David Trigos Herráez, presidente de EUPATI España, quen destacou a importancia da formación e do empoderamento das persoas pacientes para garantir unha participación informada, estruturada e efectiva nos procesos relacionados cos medicamentos e as tecnoloxías sanitarias.
Durante o encontro analizáronse os avances realizados desde a entrada en vigor do Regulamento HTA e os pasos que se están a dar desde tres piares fundamentais do sistema sanitario
Esther Echarri Gil, en representación da AEMPS, Lilisbeth Perestelo Pérez, pola RedETS, e Sonia García Pérez, pola Dirección Xeral de Cartera Común de Servizos do SNS e Farmacia do Ministerio de Sanidade.
A implicación coordinada destas tres axencias resulta clave para avanzar cara a avaliacións máis coherentes, transparentes e eficientes, que permitan reducir tempos, evitar duplicidades e garantir unha maior equidade no acceso á innovación terapéutica e tecnolóxica en todo o territorio.
Desde ANEDIA consideramos que este Regulamento europeo supón un avance moi relevante para as persoas con enfermidades crónicas como a diabetes, ao favorecer procesos de avaliación máis coordinados a nivel europeo e incorporar progresivamente a experiencia das persoas pacientes como un elemento clave na toma de decisións.

Neste contexto, agardamos a publicación do Real Decreto estatal de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, que permita completar e concretar este marco europeo no contexto español e garantir unha aplicación efectiva no Sistema Nacional de Saúde.
Seguiremos atentas a este desenvolvemento normativo e ao seu impacto real, porque da súa correcta implementación depende que a innovación chegue antes, mellor e de forma máis xusta ás persoas con diabetes e ás súas familias.
Lembrade que en Galicia tamén contamos cunha axencia de avaliación de tecnoloxías sanitarias, AVALIA-T que depende da Consellería de Sanidade, máis concretamente do ACIS.