Testemuñas

As testemuñas do día a día

Queremos compartir as testemuñas de familiares, amigos e amigas e dos propios nenos e nenas e xóvenes que viven coa Diabetes Tipo 1, porque estamos seguros de que moitos de vós sentiredes que máis de unha de estas vivencias son compartidas por vós ou polos vosos achegados, e quizáis as súas verbas os axuden ou animen no día a día.


Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia

Carolina, nai

Continuamente na televisión, xornais e redes sociais fálase de moitísimas enfermidades, os seus síntomas e o que viven as persoas que o sofren e as súas familias. Seguramente non lle préstamos a atención suficiente porque o noso subconsciente pensa que estamos sans e que iso non o imos a sufrir. Este verán, a miña filla Zoe, estaba todo o día ...

Raúl, 10 anos

Recén entrado o inverno de 2019 algo pasaba no meu corpo que fixo que todo cambiase. A fame esfumábase a horas nas que normalmente solía comer, estaba moi canso. Outras veces comía coma un tolo, sin control. Meus pais pensaban que estaba medrando porque me vían moi fraco. Ese día tiña que levar un zapato de cada cor ó colexio ...

Montse, nai

Creo que todos coincidimos en que hai un antes e un despois daquel fatídico día do " DEBUT". Tiñamos coñecemento da enfermidade, de lonxe....e aínda así se me caeu o mundo, naquela consulta de urxencias do centro de saúde... En xaxún desde a noite anterior e sen beber nada, o médico de urxencias, di que pode ser apendicitis, eu explotei ...

Verónica, nai

16 de xaneiro de 2020, é un dia que quedou marcado a lume no noso corpo, pois debutou a miña nena de 11 anos con diabetes mellitus tipo 1. Foi un golpe moi duro, pero sabiamos que aí non se acababa o noso mundo, senón que ía virar noutro sentido e nolo comeriamos a dentadas. É un camiño cheo de ...