Testemuñas

As testemuñas do día a día

Queremos compartir as testemuñas de familiares, amigos e amigas e dos propios nenos e nenas e xóvenes que viven coa Diabetes Tipo 1, porque estamos seguros de que moitos de vós sentiredes que máis de unha de estas vivencias son compartidas por vós ou polos vosos achegados, e quizáis as súas verbas os axuden ou animen no día a día.


Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia

Paula, dt1 e dt3, paciente e nai

Ola, chámome Paula e quero contarvos a miña experiencia como mamá con diabetes tipo 1 e como nai dunha nena con dt1. Non vou negar que o tiven máis doádo que outros pais que non tiñan nin idea do que era a diabetes. A miña filla cando debutou xa sabía o que era un glicómetro e para que servían as ...

Mercedes, Avoa.

Son a avoa de Mateo, un neno con diabetes desde os 20 meses. Como te das conta de que un bebé está a sufrir porque ten a glicosa polas nubes? Non o sabes, nin o imaxinas, nin o esperas e despois te sentes culpable. Todo comezou un nadal, a alegría de que ía ter un irmán e un primo, as ...

Rebeca, 8 anos

Ola, teño diabetes Mellitus  tipo 1, é unha enfermidade crónica, eso quere dicir... para toda a miña vida. Teño que mirar a glicosa antes e despois das comidas, e antes ou durante ó facer exercicio e de ir xogar cos meus amigos ao parque, e antes de durmir... Teño que por dous tipos de insulina, unha lenta que me cubre ...

Carol, 21 anos

Recordo cando me diagnosticaron diabetes tipo 1, eu tiña 11 anos e non era moi consciente do que significaba pero tamén me acordo que me dixeron que eu non estaba enferma, que era unha enfermidade. Desde entón só penso que esa é ”a clave” . Que vivimos e facemos o que todo o mundo, se me ves pola rúa e ...

Cris, nai

Cando a diabetes tipo 1 aparece nás nosas vidas en segundos descobres que van a cambiar para sempre. Reseteamos, e aprendemos tódolos cambios que debemos tomar para volver a ela, a nosa vida de sempre. Evidentemente todo ten un proceso, os endocrinos e pediatras, enfermeiras e educadoras xogan un papel fundamental, volvemos a escola para saber contar hidratos, calcular dosis ...

 


Abrir chat
Ola
En que podemos axudarche?