Os días 11 e 12 de setembro volvemos xuntarnos no Concello de Poio – Pontevedra nun novo encontro de ANEDIA para persoas adultas con diabetes tipo 1, con preferencia para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Dous días para compartir, aprender, falar de diabetes desde a perspectiva adulta e, sobre todo, desfrutar en compañía. 🫶
📅 VENRES 11
👩🍳 Taller de cociña con Chicolino Restauración
🍽️ Cea e sobremesa
🏠 Aloxamento en Poio no Duerming O Casal da Martiña
📅 SÁBADO 12
🧠 Talleres formativos
💬 Diabetes, xestión emocional e debates
👨⚕️ Contaremos con Mario Rivas e outros profesionais que iremos presentando proximamente.
🔎 Scape room en Area.60
🏠 Só hai 20 prazas para aloxamento.
👉 Tamén podes participar só nas actividades que che interesen, sen necesidade de quedar a durmir.
🚗 E se precisas desprazamento, dinos desde onde vés e trataremos de coordinalo!
📢 Inscripcións aberta en anedia.gal
ℹ Máis info en anediagalicia@gmail.com e 644 97 14 54
Este COMPARTE +18 forma parte do Proxecto BETA, dentro do Plan Social de Ence energia y celulosa , e do proxecto SOMOS TIPO 1, financiado pola Deputacion de Pontevedra
💙 Porque compartir tamén forma parte de coidarnos.
