Tarde de surf na lanzada


Dentro das actividades extras do noso campamento de verán tivemos o mércores 30 de agosto unha clase de surf con Mission Surf School na praia da Lanzada. É imposible describir todo o que vivimos, só verse co traxe e coa táboa na man, xa notábase a emoción. Todo un desafio no que tamén participaron varias das persoas voluntarias que nos acompañan. A maioría dos participantes era a primeira vez que se subían a unha táboa, e de seguro que algúns xa están a pensar en repetir.

Acompañounos nesta actividade un representante do S.C. NOVO HOSPITAL DE VIGO que patrocina o programa de voluntariado deste campamento, e que ademáis é un surfeiro experto. Mentres dende a beira da praia e xunto á escola de surf, o resto das persoas voluntarias estiveron pendentes dos participantes, houbo vento, olas e tamen foi unha tarde de subidas e baixadas…A verdade que é unha actividade deportiva moi completa, e que realmente cansa, os zumes e o material de GLUCO UP fixeron boa falta. Así como saían da auga a merenda voaba, estaban cansos pero felices. E iso para nós é o importante!

#osnososveránsanedia

#novalab Air Liquide Sanofi Diguan @soydiguan FEDE Diabetes embecta Pic Solution

@prosaga_90

@missionsurfschool

#vidacondiabetes #personascondiabetes #diabetESP #camiñosazuis #xuntospoladiabetes #quendixovacacións #redesazuis #diabetesgalicia #coadiabetesnamochila