Taller de legumes 360º


A incorporación dos NUTRICIONISTAS ao SERGAS, marcou un punto de inflexión para os pacientes, porque son esenciais para toda a poboación, pero en diabetes imprescindibles!
O TALLER DE LEGUMES 360º de David Torres, nutricionista do Centro de Saúde Virxe Peregrina está a ser todo un éxito, e agora chega unha edición específica para persoas con diabetes tipo 1.
É un taller práctico de empoderamento onde se traballan moitas competencias en saúde, pero tamén aproveitamos para socializar e fomentar a motivación.
Anímate a participar !
MÉRCORES 12 DE FEBREIRO
⌚⌚ de 17 a 19h
Na sala Valdecorvos na CASA AZUL. Rúa Sor Lucía, 2. PONTEVEDRA.
INSCRIPCIÓNS: anediagalicia@gmail.com