Grazas á Deputación de Pontevedra, funciona o noso programa SOMOS TIPO 1 nesta provincia. Porque a diabetes tipo 1 implica moitas cousas na nosa vida, realmente cando chega pon a nosa vida do revés.
Os programas de acollida nos debuts, acompañamento emocional, formacións, atención a centros educativos, asesoramento xurídicoe todas as actividades de información e divulgación que facemos non serían posibles sen este tipo de axudas.
Todas as familias afectadas o saben, por iso é preciso traballar cada día un pouco máis en mellorar a calidade de vida tanto dos pacientes como das súas familias. E a iso nos adicamos moitas e moitas horas, con axuda de profesionais e un fantástico grupo de voluntarios e colaboradores.