Somos tipo 1. Pontevedra


Hoxe temos encontro en Montecelo dentro do programa Somos Tipo 1, un espazo de apoio e acompañamento para persoas con diabetes tipo 1 e as súas familias.
Unha momento para compartir experiencias, resolver dúbidas, falar sen présas e seguir creando comunidade entre iguais. Estes encontros son fundamentais para sentir que non estamos soas e que hai unha rede que nos sostén.
Esta actividade é posible grazas ao apoio da @deputacionpontevedra , que fai posible que sigamos levando atención directa ás familias en distintos puntos da provincia.