SOMOS TIPO 1 – A CORUÑA


A diabetes é unha enfermidade crónica pero que precisa atención as 24 horas do día, todos os días do ano, e que require unha formación moi específica que permita aos pacientes tomar decisións, xa que non se trata de tomar un tratamento estrictamente pautado, senón que se basea na toma continua de decisións ao longo do día.

Demanda unha atención constante por parte do paciente, e no caso dos menores require unha supervisión continua por parte das persoas adultas que están ao seu redor. Isto pode significar un peso extra para moitas persoas, e por iso  temos que ter en conta sempre presente o campo da psicoloxía tanto para as familias como para os propios pacientes, e atendelos segundo as súas idades e as necesidades.

Para iso decidimos levar a cabo un programa de formación propio con charlas dirixidas aos distintos tipos de persoas cos que tratamos: adolescentes, pais e nais ou coidadores e nenos e nenas. E un programa de atención psicolóxica orientado a todos os membros da familia que o requiran.

Pero tamén este programa cubre outros facetas que son moi necesarias como a asistencia xurídica, atención aos debuts, formacións nos centros educativos,…..

O Concello da Coruña colabora con ANEDIA neste programa no 2021.