Sensores as pistas


  • FEGABA E ANEDIA  activan a campaña “Sensores nas pistas”, incluída no programa federativo “SOCIAL BASKET”.
  • 10.000 adhesivos a modo de “sensores” poderanse ver durante toda a fin de semana portadas por xogadores e xogadoras de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa
  • A acción conta co apoio de equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB como da propia Federación Española de Baloncesto.

ANEDIA e  a  Federación Galega de Baloncesto, a través do seu proxecto SOCIAL BASKET”, lanzamos a  campaña “Sensores nas pistas“.

No marco da celebración este xoves, 14 de novembro do Día Mundial da Diabetes ambas as entidades unen forzas para sensibilizar e dar a coñecer o que significa a diabetes tipo1 e como se pode axudar ás persoas e, en especial aos deportistas, que a sufren no día a día.

A iniciativa repartirá entre todos os federados do Baloncesto Autonómico un total de 10.000 adhesivos que simulan un sensor como o que empregan as persoas que conviven con esta enfermidade. Xogadores, adestradores e equipos arbitrais portarán as mesmas no marco do partidos oficiais a celebrar este sábado e domingo, 16 e 17 de novembro.

Os equipos galegos de categoría ACB, así como diferentes clubs de categorías nacionais sumaranse tamén a esta acción simbólica.

Súmate á nosa campaña, etiquetanos nas túas fotos!