SCAPE ROOM URBANO EN PORTONOVO


Non paramos no campamento de verán!
Desta vez tocaba SCAPE ROOM polas rúas de Portonovo, unha actividade deseñada e executada polo servizo de Endocrínoloxía do CHOP (Montecelo) e o personal do Centro de Saúde de Baltar, onde os participantes puxeron a proba os seus coñecementos sobre diabetes.
Contar con profesionais da nutrición nos centros de saúde é vital para a saúde, e moito máis se falamos de diabetes, nesta actividade contamos coa súa colaboración e dende logo temos claro que temos que pontenciar esta figura sanitaria.
Ademáis contamos coa presenza do xerente da área sanitaria José Flores, a directora de Atención Primaria desta área de saúde, Itziar Melendo, a concelleira de Educación e Cultura do Concello de Sanxenxo, Paz Lago quen entregou uns agasallos aos participantes ao rematar a actividade.