#retomicirculoazul

Falar de diabetes non é só falar de niveis de glicosa. É falar de forza, de comunidade, de pequenas accións que fan un grande impacto. Porque non hai praia sen area.

Desde o proxecto cultural 2025 de ANEDIA quixemos formar parte do #retomicirculoazul, unha iniciativa promovida por @diabetes_fede e @familiadiguan que busca dar visibilidade ao traballo das asociacións que, coma nós, loitamos día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes e das súas familias.

Neste 2025 temos preparadas propostas moi especiais que sairán deste proxecto grazas á colaboración de @culturadadeputaciondacoruna e @pichero_estudio_fotografico.

Nomeamos á nosa asociación veciña @asdipasprincipado para que siga facendo medrar esta onda azul

Porque a forza non sempre está no grande. Ás veces, latexa con máis intensidade no pequeno.
Somos partículas en movemento, pequenas partículas azuis.
Queremos que se nos vexa, que se nos escoite.

Scroll ao inicio